viernes, 23 de septiembre de 2016

CHARLA INFORMATIVA DA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR ÁBACO

Terá lugar o próximo día 27 de setembro do 2016 ás 20:00 horas no C.P.I. de Mosteiro-Meis.

Que é Ábaco Educaocio?
É un programa de estimulación da intelixencia dirixida a nenos de 3 a 12 anos, baseado no cálculo con ábaco e outros xogos didácticos.
Que metodoloxía usamos?
O noso programa está desenvolvido por psicólogos e psicopedagogos e baséase no uso do xogo e actividades lúdicas que permiten aos nenos aprender mentres se divirten.
Que obxectivos conséguense?
Os nenos melloran en:               
ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN
MEMORIA
CREATIVIDADE
VISUALIZACIÓN
INTELIXENCIA EMOCIONAL

martes, 13 de septiembre de 2016

RAZÓNS PARA PERTENCER Á ANPA

Porque un movemento de nais e pais organizad@s fan que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto pola sociedade.

Para que os nosas fillas e fillos aprendan a importancia de participar e implicarse na mellora da comunidade.

Xa que para desenvolver bos proxectos é necesario unir esforzos e ideas.

Pola importancia de levar aos Consellos Escolares a presenza das nais e pais, organizados nas ANPAs, para defender os intereses de todos, non só os individuais.

ANÍMATE, TODAS E TODOS
      SOMOS NECESARIOS,
FAITE SOCIO!


COTA: 15 euros por familia e curso escolar.

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS
“A CAPELA” (CPI Mosteiro-Meis)

Tfno de contacto: 649991003

Blog:anpaacapela.blogspot.com.es

Correo electrónico: anpaacapela@gmail.com

PROPOÑEMOS UNHA XUNTANZA. MARTES 20 DE SETEMBRO. 20:00 H

A ANPA muda a súa directiva e os nov@s representantes chegamos con moita ilusión e ganas de dar continuidade aos proxectos desenvolvidos anos atrás.

Animámosvos a asistir a próxima reunión onde queremos:
·       Presentarnos.
·       Propoñer  as novas actividades extraescolares para este curso e informar sobre tarifas, horarios, espazos...

·       Escoitar propostas, suxerencias... de vital importancia para poder sumar forzas e organizarnos.

PROPOÑEMOS UNHA XUNTANZA

DÍA:MARTES 20 DE SETEMBRO

HORA: 20:00

LUGAR: COMEDOR DO CENTRO

domingo, 11 de septiembre de 2016

BENVIDOS AO NOS BLOGUE


Comprácenos presentarvos o novo blogue do ANPA “A Capela” do CPI de Mosteiro-Meis, unha nova canle de comunicación con todas e todos para trasladarvos toda a información sobre as actividades que organicemos e colaboremos.
Convidámosvos a colaborar connosco, que coñezades máis a  nosa asociación e afiliédesvos a ela.

Non o dubides e contacta connosco en anpaacapela@gmail.com